Visitas e reservas
Entrada
O acceso ao Centro de Interpretación Forte de San Damián, en Ribadeo, é libre e de balde durante o horario do centro.
Permítese o acceso ás exposicións ata 30 minutos antes do peche do centro.
Visitas
guiadas
As visitas guiadas son de balde*. Teñen unha duración aproximada de 40 minutos.
Horario de visitas guiadas: ás 12:00 h e ás 17:30 h.
Estas visitas poderían verse modificadas en caso de existir reservas
Visitas
guiadas
para grupos
Ofrecese a posibilidade de organizar visitas para grupos noutros horarios.
Estas visitas son de balde, pero requiren de reserva previa e confirmación por parte do centro.
Para este fin, debese poñer en contacto enviando un correo electrónico a ci.sandamián@ribadeo.org ou no teléfono 982 128 689.
Requírese un grupo mínimo de 10 persoas.
Visitas
didácticas
para grupos
escolares
O centro conta cun servizo de visitas adaptadas ás diferentes etapas educativas.
Estas visitas son de balde*, pero requiren de reserva previa e confirmación por parte do centro. Poden facelo enviando un correo electrónico a ci.sandamián@ribadeo.org ou no teléfono 982 128 689.
Do mesmo xeito, o centro pon a disposición dos centros escolares recursos e propostas coa finalidade de acompañar e asesorar a docentes e alumnado coa finalidade de achegar este espazo patrimonial á sociedade e preparar a visita. As diferentes actividades están planificadas para grupos dun máximo de 25 alumnos e todos os grupos deben vir acompañados, como mínimo, de dun responsable do centro educativo.
Contactar para consultar a existencia de guías didácticas, cadernos para o alumnado e obradoiros adaptados para cada grupo, así como o horario e duración de cada actividade.
Actividades
e obradoiros
O centro de interpretación desenvolve ao logo do ano un programa de actividades culturais que complementan a visita á exposición permanente. Estas actividades procuran avanzar na educación patrimonial, impulsando todas aquelas accións encamiñadas á sensibilización cara ao patrimonio e que contribúan a transmitir o respecto e o coidado do patrimonio cultural e a historia local.