Centro de Interpretación Forte de San Damián

Visita o centro

O Centro

Recentemente rehabilitado, o Centro de Interpretación do Forte de San Damián xurde como un miradoiro extraordinario dende o que asomarse a un entorno natural único e de gran beleza, o da Ría de Ribadeo integrada na Reserva da Biosfera Río Eo, Oscos e Terras de Burón.

O CI do Forte de San Damián, inaugurado con motivo da conmemoración do 400 aniversario da súa construción, procura achegar aos visitantes á historia e evolución deste edificio, declarado Ben de Interese Cultural en 1994, e que está intimamente ligado ao desenvolvemento do porto e da propia vila de Ribadeo.

Incidindo na conservación e mellora deste singular recurso patrimonial, as súas salas e arquitectura ofrecen ao visitante un itinerario de catro séculos pola historia dun dos recursos patrimoniais máis importantes da vila de Ribadeo.

Vídeo

Achégate ao Forte

Toda a información que precisas para organizar a túa visita

Actividades

Consulta o programa de actividades e a axenda para as próximas datas.

Recursos dixitais

Accede ao conxunto de recursos dixitais cos que poderás preparar mellor túa visita.