RECURSOS DIXITAIS
Vídeo completo
Espazos
Outros recursos
Plano turístico de Ribadeo
Este destino, de indubidable sabor mariñeiro, evócanos tempos pasados que poderás descubrir percorrendo a súa traza urbana única que mereceu a súa catalogación como Ben de Interese Cultural e Conxunto Histórico Artístico.
Un espazo produto do auxe económico vivido nos séculos XVIII da man do comercio marítimo.
App RibadeoXQsi
Con esta aplicación descubrirás definitivamente un dos segredos mellor gardados de Galicia: a máxica tranquilidade e beleza de Ribadeo; a cultura, a gastronomía, as paisaxes sen case transición entre a montaña e o mar, as praias-museo salpicadas de esculturas creadas por séculos de erosión, convérteno nun lugar inesquecible.
O sabor mariñeiro de Ribadeo evocaranos tempos de corsarios e permitiranos asombrarnos coas fermosas paisaxes da súa ría…
Guía RibadeoXNatural
O Forte de San Damián está situado nun entorno natural único e privilexiado. Situado na marxe occidental da bocana da ría de Ribadeo, no alto dunha punta costeira de perfil abrupto, leva desempeñando durante os últimos 400 anos o papel de vixía e protector da vila e do porto ribadense.
Son varias a rutas naturais que conflúen neste punto configurándose na actualidade como un miradoiro con unas vistas espectaculares de Ribadeo e da súa ría.